Familias!
Dámosvos a benvida a este novo curso no noso blog de aula. Aquí compartiremos o día a día, actividades, proxectos, momentos especiais e información importante para que poidades seguir de preto a aprendizaxe e as aventuras dos vosos fillos e fillas.
Queremos que este espazo sexa unha xanela aberta á aula, un lugar para sentirnos máis preto e compartir.

Para que teñades toda a información accesible, deixámosvos aquí o horario xeral da aula, no que se inclúen as sesións coas especialistas. Máis adiante iremos compartindo con vós como se organiza a nosa xornada lectiva ao detalle, para que poidades coñecer mellor os diferentes momentos do día.
Como recomendación importante, lembrámosvos que nas sesións de psicomotricidade (mércores) os nenos e nenas deben vir con roupa e calzado deportivo. Isto axúdalles a moverse con maior comodidade, favorece a súa seguridade e permítelles gozar das actividades de movemento sen limitacións.
Estades convidados/as a visitar o blog sempre que queirades… ¡Esta aventura tamén é vosa!